A Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Novo inician os seus primeiros concertos de 2018
O Coro Novo e os Nenos Cantores da OSG levarán a cabo o Concerto de Reyes este 5 de xaneiro
Fonte: Orquestra Sinfónica de Galicia
A Orquestra Sinfónica de Galicia, o seu Coro Novo e os Nenos Cantores do conxunto orquestral ofrecerán unha serie de concertos coa chegada de 2018. Ao que esta tarde ofreceron en Sada, seguiralle o que a OSG dará o día 5 en Betanzos. Mentres, o Coro Novo e os Nenos Cantores da OSG levarán a cabo o Concerto de Reyes o 5 de xaneiro na sala de cámara do Palacio da Ópera.
Os concertos de Sada, este xoves ás 18,30 horas, e en Betanzos, na igrexa de San Francisco, ás 12,30 horas, terán lugar en virtude dun convenio entre o Consorcio para a Promoción da Música e a Deputación da Coruña.
O de Reyes do Coro Novo e dos Nenos Cantores da OSG do proxecto SonFuturo terá lugar, pola súa banda, na sala de cámara do Palacio da Ópera da Coruña o día 5 de xaneiro, ás 12,00 horas, e tamén será de entrada libre.
CONCERTO EN FERROL
Por outra banda, o compositor e director de orquestra polaco Krzysztof Penderecki poñerase á fronte da Orquestra Nova da OSG para ofrecer no seu primeiro concerto de 2018 un programa co seu Concerto para violín e orquestra número 2, coa moza violinista nipoa Sayaka Shoji como solista, e a Sinfonía número 7 de Antonín Dvorák.
O concerto terá lugar no Auditorio de Ferrol o luns 8 de xaneiro, ás 20,30 horas, e será a culminación do primeiro encontro da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia en 2018 dentro do programa SonFuturo.
Escribe o teu comentario