Feijóo incide na súa mensaxe de Fin de Ano na unidade do pobo galego

O presidente da Xunta decidiu centrar parte do seu discurso na cuestión catalá e a cohesión de Galicia


|


Feijoo


Seguindo a tradición de cada fin de ano, Alberto Núñez Feijóo transmitiu na súa mensaxe anual os seus principais pensamentos sobre os avances e melloras, as fortalezas e debilidades da Galicia de 2017. Este 31 de decembro, o presidente da Xunta decidiu centrar parte do seu discurso na defensa da unidade da comunidade galega e a súa cohesión como pobo, fronte a outros territorios que provocan "cisma e desconfianza".


Así, Feijóo sitúa a Galicia como "unha das comunidades que saen da crise sen roturas e sen divisións", sinónimo de "convivencia, cultura, emprendemento". Desta forma, a mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta non se restrinxiu unicamente á comunidade autónoma galega, senón que incidiu de forma contudente na cuestión catalá, da que sonsacó "amargas leccións" que atentaron "gravemente contra a Constitución, e por tanto tamén contra o noso Estatuto de Autonomía".


"A deslealdade non pode ser premiada mediante financiamento a medida ou proxectos que non garantan o respecto á lei". O presidente mantívose firme na súa posición contraria ao independetismo catalán, e aproveitou o conflito para mostrar con Galicia un exemplo de unidade, "un modelo no que a autonomía se concibe como unha parte esencial dun Estado que é tan galego como español". Sentenciou o tema aludindo á actitude tolerante que o pobo galego mantén con respecto "ás diferenzas e cultivo de identidades múltiples que fan posible que unha comunidade resista aos avatares do tempo".


Feijoo 2


Doutra banda, Alberto Núñez Feijóo tamén aludiu ao bo funcionamento do "modelo galego", cunha economía en crecemento  e un "superávit de responsabilidade" tras reducir o déficit e a débeda pública. Destacou ademais unhas exportacións "que superan todos os rexistros", a redución do desemprego grazas aos investimentos que apostan por Galicia e a "conquista de novas parcelas" por parte da lingua galega. O presidente tampouco se esqueceu dos incendios que arrasaron a comunidade este ano, aos que, asegura, déuselles unha "resposta admirable e resolta", con "unidade, benestar e tamén solidariedade".


A mensaxe de Fin de Ano do presidente dedicou parte do seu contido aos premios que distintos galegos recibiron polo seu "valor excepcional internacionalmente recoñecido", e estendeu a súa felicitación á maioría de galegos pola súa "integridade e honestidade". 'Irmandade' e 'afouteza' foron as dúas palabras crave que, a grandes liñas, definiron a Galicia durante este ano para Alberto Núñez Feijóo.


O presidente despediu a súa mensaxe aludindo a Galicia como unha familia unida, dando o punto e final a un discurso que, a pesar de destacar algunha que outra carencia, necesidades sen atender ou "marxinacións " pendentes, mantense positivo fronte á situación galega, mesmo no referente á sanidade e educación, axudas sociais e mellores prestacións. Unha mensaxe optimista dun Goberno que parece ocultar os recortes aos que se someteu ao pobo galego, a falta de previsión e orzamento que pasou factura ao precioso monte galego, agora en parte reducido a cinzas. Esperemos que as positivas maneiras deste discurso reflíctanse na súa totalidade ao longo do próximo ano 2018, e que as palabras se convertan en feitos e non caian no esquecemento.

relacionada O custo das obras da ponte de Rande ascende ata os 191 millóns de euros
relacionada O PPdeG presume dos seus logros en materia económica neste 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE