Segue a procura da moza de 15 anos desaparecida o venres
‘SOS Desaparecidos’ alertou da desaparición da adolescente e pediu á cidadanía a súa colaboración.
‘SOS Desparecidos’ alertou sobre a desaparición en Santiago dunha adolescente de 15 anos, que falta do seu fogar desde o pasado venres 22 de decembro.
Andrea García España ten de 15 anos, mide 1,70 de altura e pesa 83 kg. Segundo a descrición achegada, no momento da desaparición vestía mallas grises e unha cazadora verde con carapucha.
‘SOS Desaparecidos’ chamou á colaboración cidadá para dar co paradoiro de Andrea.
Escribe o teu comentario