PSdeG e BNG confirman que non votarán en contra dos orzamentos

Os dous grupos municipais confirmaron a súa postura, se ben os socialistas non adiantaron se votarán a favor ou se absterán.


|

Concellosantiago

Fachada do concello de Santiago de Compostela.


As contas orzamentarias do Concello de Santiago de Compostela para o próximo ano non serán rexeitadas polos grupos municipais de PSdeG e BNG. Os dous partidos indicaron que “non entorpecerán” os orzamentos presentados pola concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, o pasado martes.


Con todo, os dous partidos utilizarán distintas fórmulas para que saian adiante os orzamentos. Mentres que os nacionalistas non apoiarán os orzamentos co seu voto, os socialistas valoran que as contas municipais inclúen "moitas das súas propostas" e ve nelas "o reflexo" do proxecto de cidade que defende o PSdeG. Con todo, Paco Reyes non aclarou se os tres edís dos que dispón o Grupo Socialista no consistorio santiagués votarán a favor das contas no pleno, postura que será feita pública nas próximas semanas.


Os ARGUMENTOS DO BNG


"Non imos votar a favor, pero non temos vontade de entorpecer a súa aprobación", manifestou o portavoz nacionalista, Rubén Cela, este venres a preguntas dos medios durante unha comparecencia de prensa na que expresou o seu desexo de que Santiago conte con orzamentos para o próximo ano "canto antes". O portavoz do grupo nacionalista na capital galega ha expresado que "non sería bo para a cidade" que as contas tivesen que someterse a unha moción de confianza para saír adiante, nin tampouco que fosen prorrogados os orzamentos do pasado ano.


Por iso, xustificou que o Bloque non dificultará que as contas sexan aprobadas, aínda que non contarán co seu voto positivo debido á "perda de credibilidade" que, di, sufriu Compostela Aberta durante os seus dous anos e medio de mandato. "Hai unha gran distancia entre o que din e o que fan (Compostela Aberta); entre o que orzan e o que executan", comentou Rubén Cela, quen engadiu que non considera "suficientes" as propostas do BNG incluídas no borrador dos orzamentos.


relacionada ​Compostela Aberta presenta os orzamentos máis altos desde 2009
relacionada Noriega cre que a "maioría progresista" sacará adiante as contas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE