O jazz de Dani Nel-o e os Saxofonistas Salvaxes chega a Galicia
Este xoves 14 e o venres 15 de novembro actuará na Coruña e Vigo.
O saxofonista Dani Nel-o e os Saxofonistas Salvaxes actuarán este xoves e venres na Coruña e Vigo, respectivamente, dentro do ciclo de concertos de ‘SON Estrela Galicia’. Lospromotores dos concertos subliñan que en ambos se ofrecerán "un son único" cos ritmos do jazz, o rock&roll e o swing.
No caso da cidade herculina, o concerto será no ‘Garufa Club’, ás 21:30 horas, mentres que en Vigo a actuación será un pouco máis tarde, ás 23:30 horas en ‘A Iguana Club’.
Na súa VIII edición, ‘SON Estrela Galicia’ mantén a súa aposta pola música alternativa coa mestura de estilos diversos e a fusión de xéneros. Trátase dun ciclo anual que vai contar con máis de 150 concertos en 16 cidades españolas e tamén con directos en Brasil.
Escribe o teu comentario