Restablecida toda a subministración eléctrica de media tensión tras o temporal

|

Electricidade


Todas as liñas de media tensión e os centros de transformación de Gas Natural Fenosa en Galicia foron restablecidos tras o temporal que afectou o domingo á Comunidade.


Segundo informan fontes da compañía a Europa Press, o restablecemento destas liñas prodúcese "sen prexuízo" de que aínda exista algunha inoperativa de "baixa tensión", que sería "algo moi localizado" e tan só afectaría a poucos clientes.


O temporal de choiva e vento 'Ana' deixou o domingo sen subministración eléctrica a máis de 20.000 clientes de Gas Natural Fenosa en Galicia, que se foron reducindo nas últimas horas ata dar por liquidado o problema en todas as liñas de media tensión.


relacionada ​Gas Natural Fenosa traballa para devolver a subministración eléctrica a máis de 3.000 clientes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress