O temporal 'Ana' activa a alerta laranxa por vento este domingo en toda Galicia

Espéranse refachos de ata 120 quilómetros por hora e chuvias fortes en zonas de Pontevedra.


|

Temporal faro puntaO temporal considérase cicloxénese explosiva.


Unha borrasca profunda, denominada 'Ana' deixará fortes ventos que poderán alcanzar os 120 quilómetros por hora no litoral e zonas altas de Galicia. Aínda que amainarán o luns, prevese que continúe a inestabilidade, con chuvascos xeneralizados.


Diso informaron fontes de Meteogalicia, que precisaron que tamén se prevén precipitacións xeneralizadas, puntualmente fortes en zonas da provincia de Pontevedra, onde poderán alcanzar os 30 litros nunha hora. Con todo, ata que se realicen os rexistros concretos non se poderá determinar se as chuvias acumuladas serven para paliar a situación de seca.


As mesmas fontes explicaron que esta borrasca profunda se corresponde coa denominación tradicional de temporal, aínda que se estendeu o termo cicloxénese explosiva para referirse a este tipo de episodios.


Estas condicións meteorolóxicas motivaron que se decretase para este domingo a alerta laranxa por estes ventos que poderán alcanzar os 120 quilómetros por hora en toda a Comunidade, con excepción da zona do Miño en Ourense, onde se rexistrarán 100 quilómetros por hora.


Tamén se espera que a primeiras horas da tarde deste domingo comece un temporal costeiro por mar combinado de forza 7,8 e ocasionalmente 9, con ondas de cinco a seis metros que afectará a toda a costa galega.


Por este motivo, a Xunta lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas.


relacionada Achégase a Galicia unha borrasca que será fugaz e "insuficiente" para paliar a seca
relacionada A alerta por seca esténdese a toda Galicia á espera dun inverno chuvioso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE