Atopan no peche dunha vivenda do Moaña unha granada da Guerra Civil

Os expertos cren que pode ser de fabricación polaca.


|

Granadaguerracivilmoanhahoriz

A granada, no muro de pedra.


Os especialistas TEDAX do Servizo de Desactivación de Artefactos Explosivos da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra recolleron en Moaña unha granada de man da Guerra Civil española.


O artefacto fora localizado esta semana nun muro de pedra que circunda unha vivenda neste municipio pontevedrés, cando o seu propietario estaba a realizar labores de limpeza na parcela e no inmoble.


Cando o dono da casa puxo o feito en coñecemento da Garda Civil, adoptáronse as primeiras medidas de prevención, acordoando a zona, e activouse de forma inmediata o protocolo de actuación por parte dos TEDAX para a neutralización e recollida do artefacto para a súa total destrución.


Os expertos confirmaron que se trataba dunha granada tipo piña, con argola e en avanzado estado de oxidación, que pode ser de fabricación polaca, residual da Guerra Civil española.


relacionada Atopan entre chatarra no Porriño un proxectil da guerra civil
relacionada Neutralizado un proxectil militar atopado nunha vivenda en Ponteareas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE