Ata 70 persoas participan na procura dun octoxenario desaparecido en Taboada
Falta desde o luns pasado. No caso de Poio non hai dispositivo de rastrexo activado.
Unhas 70 persoas conforman o dispositivo de procura conformado para este martes para tratar de localizar o octoxenario desaparecido desde a tarde do luns día 13 de novembro en Taboada. Mentres, tampouco hai novidade sobre a desaparición doutro home maior en Poio.
Segundo informaron fontes do dispositivo de Taboada, tras o chamamento realizado, este martes xuntáronse ás 9,00 horas unhas 70 persoas entre as que se inclúen veciños, efectivos do GES de Monterroso, Protección Civil de Taboada, Garda Civil e persoal do Concello de Taboada.
Así, tras o da mañá, o dispositivo realizará un segundo rastrexo pola tarde a partir das 15,00 horas ata que escureza. En concreto, centraranse na zona do lugar da Torre, que é onde desapareceu o home.
DESAPARECIDO EN POIO
Mentres, en Poio seguen sen novidade sobre o paradoiro do veciño de 84 anos que permanece desaparecido desde un día antes, o 12 de novembro. As patrullas da Garda Civil da zona están avisadas e seguen alerta para tratar de localizar ao desaparecido e fontes de Protección Civil comentaron que non hai dispositivo de rastrexo activo.
Escribe o teu comentario