Galicia é a comunidade onde menos subiu o prezo do aluguer no último ano

Os galegos pagamos de media 5,59 euros por metro cadrado, un 30% menos que a media española.


|

Llavesvivienda


O prezo da vivenda en aluguer situouse nos 8 euros por metro cadrado no décimo mes do ano, un 0,4% que en setembro, segundo os últimos datos publicados polo portal inmobiliario fotocasa, que sitúan o aumento en Galicia no 0,2 por cento.


En Galicia o prezo da vivenda en aluguer experimenta en outubro un ascenso do 0,2 por cento e sitúase en 5,59 euros por metro cadrado ao mes, segundo os datos do Índice Inmobiliario fotocasa. Este valor colócase un -30,2% por baixo da media nacional, que en outubro é de 8 euros por metro cadrado ao mes.


O portal inmobiliario apuntou que este leve incremento rompeu cos catro meses consecutivos de caídas, "propias da normalización do mercado do aluguer", que se rexistraron ata outubro.


Desde que o prezo medio por metro cadrado nas vivendas de aluguer alcanzou o seu máximo en maio de 2007, cando se situou nos 10,12 euros por metro cadrado, leva acumulada unha caída do 20,9%. Con todo, o dato de outubro (8,01 euros por metro cadrado) sitúase en liña co rexistrado en xaneiro de 2011.


GALICIA, ONDE MENOS SOBE NUN ANO


En comparación co mesmo mes do ano anterior, o prezo do aluguer incrementouse un 9,7%, co que rexistrou 32 meses consecutivos de subidas. Ademais, o prezo rexistrou aumentos en todas as comunidades autónomas. As subidas van desde o 14,5% de Cataluña ao 0,9% de Galicia.


A responsable de estudos de fotocasa, Beatriz Toribio, asegurou que as tensións nos prezos se van manter durante boa parte de 2018, xa que "a demanda é moi superior á oferta porque cada vez máis españois apostan por este mercado a pesar de que España é un país de propietarios".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE