Prisión para o acusado de apuñalar o venres a un familiar en plena rúa
O detido arroxou a unha colector a arma do crime.
Furgón da policía local da Coruña.
O Xulgado número dous en funcións de Garda da Coruña decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home acusado de matar a puñaladas a un familiar e logo tirar a arma nun colector.
Diso informou este sábado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que precisou que a causa se segue por un suposto delito de homicidio.
En concreto, fontes policiais e municipais explicaron que axentes da Policía Local detiveron na cidade herculina a unha persoa por apuñalar mortalmente a outra sobre as 6,00 horas do venres na rúa Antonio Pradeira Ríos, próxima ao barrio dos Mariñeiros.
Como resultado da agresión, un home de 50 anos faleceu mentres que o presunto autor, de 54, foi detido.
Escribe o teu comentario