Os ex consellers e Puigdemont, desde Bélxica: "En España estariamos en prisión"

O xuíz belga que lles tomou declaración deixou os cinco en liberdade con medidas cautelares.


|

Puigdemontconsellers



A conselleira catalá de Agricultura cesada, Meritxell Serret, celebrou este luns que o xuíz belga que tomou declaración aos membros do Govern cesado que se atopan en Bruxelas ditase liberdade con medidas cautelares: "En Bélxica dannos liberdade sen fianza, mentres en España estariamos en prisión".


"Moitas grazas polos apoios, sobre todo de Vallfogona de Balaguer", municipio leridano do que é orixinaria, publicou Serret nunha mensaxe de Twitter.


O xuíz ditou o domingo pola noite liberdade para Carles Puigdemont e os seus consellers Serret, Toni Comín, Clara Ponsatí e Lluís Puig coa prohibición de saír do territorio belga sen acordo do xuíz de instrución e a obrigación de residir nunha dirección fixa e de presentarse persoalmente cando sexan convocados polas autoridades xudiciais ou policiais.


Ningunha destas medidas cautelares, ditadas tras unhas 14 horas de arresto, son recurribles.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Puigdemont e os ex conselleiros, "dispostos a colaborar" pero seguen sen entregarse

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE