Julio Sacristán deixa a alcadía de Culleredo e o seu cargo á fronte do PSdeG coruñés

Xa o avanzaba nos últimos meses, con previsión de levalo a cabo tras o congreso do partido.


|

JuliosacristanizqJulio Sancristán, nunha foto de arquivo.


O alcalde de Culleredo, o socialista Julio Sancristán, formalizará esta semana a súa dimisión como rexedor e secretario provincial do PSOE coruñés, ao que se sumará tamén a súa renuncia como deputado provincial unha vez que deixe a acta de concelleiro.


O propio rexedor transmitiulle a compañeiros de partido a súa decisión, que xa avanzara nos últimos meses e que pospuxera ata a celebración do congreso do PSdeG, que terá lugar os próximos 27 e 28 e 29 de outubro.


Será, en concreto, este xoves cando o rexedor presente a súa dimisión como alcalde, un posto que Sacristán --nado en Valladolid no ano 1953-- ocupaba desde o ano 1983 cando encabezou a candidatura do PSOE no municipio, un ano despois de ingresar neste partido.


Nos tres últimos anos, compaxinou este labor co de secretario provincial do PSOE coruñés, aínda que xa anunciara que deixaría este cargo unha vez que se elixise o novo secretario xeral do PSdeG.


A renuncia á fronte da Secretaría Provincial do PSOE coruñés formalizaraa coincidindo coa celebración do congreso que terá lugar tras a elección de Gonzalo Caballero como máximo responsable do PSdeG despois das primarias celebradas no partido.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE