Os consumidores galegos valoran a televisión de Movistar como a mellor

Por funcionalidades, oferta de canles e calidade, a operadora sácalle vantaxe aos seus competidores.


|

MovistaresportsPresentación da canle de e-sports de Movistar.

O I Estudo de Operadores e Televisión realizado pola Unión de Consumidores de Galicia arroxa que Movistar ofrece a mellor televisión, con 9,28 puntos, sobre a base de mellores funcionalidades e oferta de canles, xunto coa mellor calidade.


Segundo este estudo, difundido este martes, o operador con peor puntuación é Orange, cun 5,48, seguido de R Cable, con 5,9 puntos. Na parte alta da táboa atópase Euskaltel, con 7,95 puntos, e Telecable, con 7,13 puntos; mentres que Vodafone obtivo 6,47 puntos.


Para realizar o estudo, a Unión de Consumidores de Galicia atendeu á lista de canles da oferta básica de televisión dos distintos operadores e tamén das principais plataformas de streaming (Netflix, HBO España, Wuaki TV e Amazon Prime Vídeo), así como as funcionalidades ofertadas e os datos de calidade.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE