O Celta gaña case 17 millóns por chegar á semifinal da Europa League
A UEFA fixo públicas as cantidades percibidas por cada club. Balaídos renderá este domingo unha homenaxe polos incendios.
Celebración nunha das noites europeas.
A UEFA fixo públicas este venres as cantidades percibidas polos participantes na Europa League do ano pasado. Así, o paso do Celta pola competición europea deixou nas súas arcas case 17 millóns de euros (16.997.314 euros, concretamente).
O equipo vigués quedou en semifinais, onde caeu derrotado polo campión, o Manchester United. Aínda así, os celestes reciben a segunda suma máis alta, só por detrás dos ingleses.
HOMENAXE EN BALAÍDOS
O estadio de Balaídos vivirá este domingo ante o Atlético de Madrid unha homenaxe ás vítimas e a todos os colectivos e cidadáns implicados na loita contra os devastadores incendios que arrasaron a comarca viguesa días atrás.
"A súa solidariedade e heroicidade son motivo de orgullo para todos os galegos e os valores que presidirán este máis que merecido homenaxe do RC Celta", expresa o club nunha nota.
(...)
Os afeccionados celestes terán oportunidade de expresar o seu recoñecemento no descanso do partido, momento no que se renderá homenaxe sobre o céspede de Balaídos."
Ademais deste acto a pé de campo, antes do comezo do encontro colocarase no centro do campo dunha gran lona na que se poderá ler 'Orgullosos da vosa afouteza'.
Escribe o teu comentario