A galega Sabela García Fonte asume a dirección técnica da Real Filharmonía

O principal reto é levar a actividade musical tanto ao territorio galego como ao panorama nacional e internacional.


|

SabelagarciamartinhorfgSabela García Fonte, con Martiño Noriega. Foto: RFG


A galega Sabela García Fonte, a nova directora artística da Real Filharmonía de Galicia, asume o cargo con vocación de "servizo público", para lograr a "máxima excelencia artística" e un o reto de levar a actividade musical tanto ao territorio galego como ao panorama nacional e internacional.


Así o destacou en rolda de prensa, acompañada do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o director artístico da orquestra, o británico Paul Daniel e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.


Noriega destacou que se trata dun día "importante" tras dous anos buscando "este perfil" profesional nun proceso no que foron "esixentes", para lograr un representante á altura deste posto "relevante" dentro da orquestra, que é "un dos motivos de orgullo desta cidade Patrimonio da Humanidade".


Nesta liña, Belén Hernández valorou a "longa traxectoria" de García Fonte, tanto na dirección como o seu papel na Asociación de Festivais de Música de España.


Paul Daniel valorou o traballo "de todas as partes" para asegurar o funcionamento e o "éxito" das últimas tempadas da Filharmonía.


Este tempo, sinalou, "xerou un desexo importante" que agora teñen a oportunidade de satisfacer grazas a esta profesional, que considera un "forte ingrediente" co que "será marabilloso cociñar".


DO PAPEL Á POTA


A propia García Fonte agradeceu a ocasión de asumir esta "responsabilidade fermosa", convencida de que con estes ingredientes "sairá unha boa receita" que aínda ten que "pensar" e expor, facendo un diagnóstico para lograr pasar o proxecto "do papel á pota".


Neste sentido, a súa actividade pasará por tres valores vertebradores, como son "a firme vocación de servizo público" da orquestra, manter "a máxima excelencia artística e implicación no territorio" e levar a súa actividade musical "ao territorio nacional" e mesmo "internacional".


Para iso, ve necesario traballar nun plan estratéxico a medio longo prazo e desenvolver estratexias de captación de fondos que "permitan lograr estas saídas" a outros territorios.


AMPLA TRAXECTORIA


Nada no concello coruñés de Cabanas en 1979, Sabela García Fonte é licenciada en Historia da arte da USC e en Música Antiga na Escola Superior de Música e Artes Escénicas de Porto, e está especializada en violín barroco.


A súa carreira pasou pola Orquestra Barroca de Sevilla, o ensemble Gli Incogniti, a Orquestra Barroca da Casa da Música de Porto, a Ensemble Jacques Moderne de Francia ou o Ars Combinatoria de Madrid, entre outros traballos na música de cámara e medieval con grupos de Gran Bretaña, Portugal, España e Galicia.


relacionada Catro concertos da Real Filharmonía nunha semana en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE