Máis de 1.000 voluntarios organízanse para limpar o lixo do fondo do mar

Galicia ten tres dos 30 puntos da costa española onde se desenvolve esta iniciativa.


|

BuceadorImaxe doutra edición. Foto: Rede de Vixiantes Mariños


Máis de 1.000 voluntarios, a maioría mergulladores, da Rede de Vixiantes Mariños retirará lixo do fondo do mar esta fin de semana en 30 puntos da costa española na III Gran Limpeza Nacional de Fondos Mariños. En Galicia están tres puntos das provincias da Coruña e Pontevedra.


Segundo informou a organización, o ano pasado por estas datas a Rede de Vixiantes Mariños retirou máis de dez toneladas de lixo do mar e este ano a limpeza realízase en 30 puntos durante o sábado e o domingo.


Nesta edición participan clubs de mergullo de Andalucía, Asturias, Canarias, Castela-León, Galicia, Murcia, País Vasco, Ceuta e Melilla, cuxos voluntarios, ademais de retirar residuos nocivos para o medio ambiente, tamén recompilarán datos sobre a localización e categorías dos mesmos que sirva para deseñar plans de actuación contra este problema ambiental.


Os residuos sólidos que chegan aos mares e océanos ocasionan a morte de máis dun millón de aves e cen mil tartarugas e mamíferos anualmente.


Neste contexto, a Rede de Vixiantes rexistrará os datos sobre lixos atopados nas costas en Marnoba, unha aplicación gratuíta para móbiles coa que mergulladores, bañistas, pescadores e cidadáns en xeral poden rexistrar datos sobre lixo atopado nas nosas costas.


Ademais, nos enclaves onde se realizarán as actuacións organizáronse talleres de concienciación, charlas en centros escolares con fotos que ilustran estas limpezas. Tamén lanzarán a figura do 'pequevoluntario', que son nenos que participarán na limpeza de praias mentres os submarinistas retiran lixo dos fondos.


Na iniciativa participan 800 mergulladores da Rede de Voluntarios Mariños e está apoiada por entidades como Transmediterránea ou Ecoembes, a Asociación Española de Basuras Marinas  (Aebam), a Asociación Vertidos Cero (creadores da aplicación Marnoba) e o Proxecto Libera (de Ecoembes e SEO-Birdlife).


Os lugares onde se celebra a actividade en Galicia son Ares, Cangas do Morrazo e Pontevedra.


relacionada Necesítanse case 100 barcos para recoller o lixo que se acumulou nas Cíes este ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE