A débeda pública de Galicia sobe case un 6% e a Xunta presume de que baixou

O Banco de España fai públicos os datos comparados con hai un ano, pero o goberno autonómico elixe outro período para que saian as súas contas.


|

Dinerobilleteseuro


A débeda pública de Galicia subiu un 5,93% no segundo trimestre do ano en comparación co mesmo período do ano anterior, ata alcanzar os 11.363 millóns de euros.


De acordo cos datos que publica este venres o Banco de España, esta contía supón un 19,2% do produto interior bruto (PIB) galego, cinco décimas máis que no segundo trimestre de 2016.


Con todo, a reacción da Xunta a estas cifras foi emitir un comunicado onde defende que a débeda pública baixou. Pero o truco está en que o goberno galego compara os datos cos de fai tres meses, mentres o Banco de España analiza a evolución desde hai un ano.


O comunicado da Xunta tamén destaca que ese 19,2% que representa a débeda sobre o PIB é a cuarta menor cifra de endebedamento entre todas as comunidades autónomas de España.


E remata manifestando que o seu obxectivo é que este 2017 non aumente o endebedamento.


relacionada A débeda pública sobe en xuño e volve superar o 100% do PIB
relacionada Os galegos necesitan traballar 68 días para pagar a débeda pública da comunidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE