Beiras: "España converteuse nun manicomio rexido por sádicos e saqueadores"

O dirixente de Anova, Ana Pontón e o escritor Manuel Rivas, entre os máis de 125 políticos e activistas que asinan un manifesto pro-referendo.


|

Beirasmanifiestocat


Máis de 125 políticos, sindicalistas e activistas sociais de 15 autonomías asinaron o manifesto 'Decidir é un dereito democrático. Apoiamos o referendo en Cataluña'. Moitos dos adheridos son de forzas de esquerda, como Podemos, EH Bildu e sindicatos, ademais de profesores e membros de entidades.


Os primeiros asinantes do texto, presentado este sábado en rolda de prensa en Òmnium Cultural, son Xosé Manuel Beiras (Anova), o escritor galego Manuel Rivas, Jordi Cuixart (Òmnium), Maddalen Iriarte Okiñena e Adolfo Araiz (EH Bildu en Euskadi e Navarra respectivamente), Teresa Rodríguez (Podemos Andalucía), Ana Pontón (BNG) e Jaime Pastor (editor de revístaa 'Viento Sur').


Beiras tachou de demencial a reacción do Estado, cre que España se voncerteu nun "manicomio rexido por sádicos e saqueadores" das liberdades fundamentais, e diagnosticou textualmente unha metamorfose e unha metástase do fascismo.


Pero pediu non caer no que considera provocacións, xa que tamén constatou "violencia institucional e violencia armada".


relacionada Beiras sitúase do lado dos críticos de Villares de cara ao conclave
relacionada Beiras non bota de menos a pelexa política: "esta vez sentinme vencido"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE