Ourense rebaixa o IBI un 10% en 2018 e ingresará preto dun millón menos
Era unha demanda de Democracia Ourensana a cambio do seu apoio. O 'catastrazo' aflorou "centos de vivendas" ocultas ao fisco.
Praza Maior de Ourense.
Os ourensáns aforrarán o próximo ano 2.964.768,99 euros en concepto de Imposto de Bens Inmobles (IBI), tras a aprobación este xoves do proxecto de modificación da ordenanza reguladora do IBI para 2018 que recortará os seus recibos nun 10 por cento.
Así o apuntou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a rolda de prensa posterior á xunta de goberno aprobou o "primeiro paso" para rebaixar a contribución dos ourensáns ao IBI.
Trátase dunha demanda que esixira Democracia Ourensana (DO) a cambio do seu apoio no Pleno para aprobar unha modificación de créditos por importe de 2,1 millóns de euros para dotar de fondos á área de Benestar Social.
O rexedor explicou que esta baixada do tipo impositivo só afectará as arcas municipais na diminución de menos dun millón de euros (850.000 euros), debido ás estimacións transmitidas desde Catastro, que estima unha subida nos ingresos por bens inmobles debido á "regularización de centos de vivendas" que non estaban a declarar.
Escribe o teu comentario