'Día sen IVE' para celebrar a apertura da tenda de MediaMarkt en Santiago
Nas próximas semanas estará dispoñible un servizo denominado 'Stop¬go' que permite ao cliente recoller un pedido urxente sen baixar do coche.
MediaMarkt acaba de abrir en Santiago de Compostela o seu quinto establecemento en Galicia, unha apertura que, segundo a compañía de distribución de electrónica de consumo, "responde ao plan de transformación do modelo de negocio" no que está inmersa.
A tenda, situada no polígono de Costa Vella, crea 70 postos de traballo directos e xera máis de 20 indirectos.
MediaMarkt celebra a inauguración poñendo en marcha a campaña do "Día sen IVE", cun desconto do 21% en todos os produtos. Unha promoción que se limita a este xoves 21.
O establecemento "estrea unha imaxe moderna e actual, de acordo co novo modelo de tenda da compañía". Nela, os consumidores poden "probar e manipular os produtos", ademais de contar con novos servizos e "espazos 100% experienciais".
Entre as zonas interactivas da nova tenda destacan a área de Gaming e consolas, onde a empresa realizará eventos de e'Sports', e os espazos de Realidade Virtual e 3D. Ademais, o establecemento conta cunha ampla oferta en Robótica Educacional, Mobilidade Urbana e Drons.
SERVIZOS INNOVADORES
MediaMarkt destaca no seu comunicado distintos servizos que diferencia a súa nova tenda dos establecementos tradicionais.
Así, o establecemento conta cun espazo onde se ofrecerán cursos grupais ou personalizados para que os clientes poidan sacar "o máximo partido dos seus dispositivos".
Tamén dispoñen dun taller de reparacións e ofrecen a posibilidade de contratar un técnico a domicilio para distintos servizos.
Pero o máis sorprendente é que "o cliente terá a posibilidade de recoller o seu pedido na tenda en 2 horas e, se o desexa, poderá facelo sen baixar do vehículo, grazas ao servizo Stop&Go que a tenda terá dispoñible nas próximas semanas". Outra opción é o envío a domicilio en 2 horas.
PRODUTOS PERSONALIZADOS
A personalización de produtos mediante unha impresora de última xeración é outro dos servizos que ofrece o establecemento. O servizo permite imprimir na maioría de superficies, desde teléfonos móbiles ata consolas, cafeteras ou metacrilatos.
A terceira tenda da provincia incorpora ademais un espazo específico para a venda a empresas, MediaMarkt Business. Expertos coñecedores da contorna local ofrecen unha atención personalizada sobre solucións tecnolóxicas para empresas.
Escribe o teu comentario