Gonzalo Caballero supera en número de avais das primrias a Leiceaga e Villoslada

O vigués entregou 2.600 firmas, 300 máis que o portavoz parlamentario e 400 máis que o deputado coruñés.


|

Villosladaleiceagagonzcaballero



Gonzalo Caballero presentouse este mércores na sé do PSdeG para rexistrar uns 2.600 avais, unha cifra que o sitúa como o aspirante a liderar o partido que suma máis firmas de militantes en favor da súa candidatura.


Por detrás, Xoaquín Fernández Leiceaga, o actual portavoz parlamentario do PSdeG, levou á compostelá Rúa do Pino algo máis de 2.300 apoios; mentres Juan Díaz Villoslada se situou no terceiro posto, con menos de 2.200. Todos superaron amplamente os 1.051 esixidos para continuar no proceso.


De todos os xeitos, estas cifras son provisionais, posto que ao longo desta tarde haberán de ser verificados polo comité organizador das primarias, presidido por Pilar Cancela, en presenza de integrantes dos tres equipos. Neste proceso buscaranse posibles duplicidades e verificarase que o militante que prestou o seu aval está incluído no censo de afiliados.


DOUS TERZOS DOS MILITANTES


En total, a suma de firmas dos tres aspirantes ascende a unhas 7.100. Son máis do 67% dos militantes do partido en Galicia que xa decantaron por un dos tres.


Nas anteriores primarias, as que se dirimiron entre Leiceaga e José Luis Méndez Romeu despois de que Gonzalo Caballero non lograse reunir as firmas requiridas para pugnar por ser o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, uns 6.500 militantes avalaron a algún dos aspirantes.


AVECÍÑANSE PACTOS?


Os avais serven como primeiro termómetro das opcións coas que parte cada candidato e revelan un proceso moi axustado.


Villoslada, que goza do respaldo de parte do aparello, finalmente quedou por detrás dos outros dous aspirantes, aínda que se pensaba que podía chegar a distanciarse e forzar un posible pacto entre Caballero e Leiceaga. E é que o ano pasado, o socialista vigués uniuse ao actual portavoz paralementario para desbancar a Méndez Romeu ao non reunir o mínimo de avais esixido.


Con todo, tamén está por ver se Villoslada propicia un acordo con algún dos seus oponentes ou se finalmente os tres nomes figuran nas papeletas o día 8.


O prazo ata o día 25, cando se proclamarán definitivamente os candidatos, servirá para analizar eventuais reclamacións ou recursos.




relacionada O PP fai coincidir o Debate do Estado da Autonomía coas primarias do PSdeG
relacionada González Formoso, contrario á fusión de candidaturas nas primarias
relacionada Manuel Martínez di que Besteiro "segue manexando" o PSdeG "na sombra"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE