O PP intenta sacar o accidente de Angrois do foco da comisión parlamentaria

Tras o seu rexeitamento reiterado, solicita unha comisión de estudo xenérica sobre seguridade ferroviaria e prevención.


|

AngroisfloresalviaFlores na curva da Grandeira.


O PP solicitou que o Congreso cree unha comisión de estudo sobre seguridade ferroviaria, unha iniciativa que rexistrou despois de que a Mesa da Cámara dese vía libre á comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois, solicitada por PSOE e Unidos Podemos.


Á espera de que a Xunta de Portavoces poña data ao debate sobre a apertura desa investigación parlamentaria, que contou co respaldo de Ciudadanos na Mesa e só se topou co rexeitamento do PP, os 'populares' descolgáronse solicitando que se poña en marcha unha comisión de estudo non permanente sobre seguridade ferroviaria.


Segundo especifican na súa iniciativa, o obxectivo desa comisión sería traballar durante toda a lexislatura nunha "análise da sinistralidade ferroviaria para seguir implantando medidas preventivas en materia de seguridade".


De saír adiante, esa comisión de estudo, na que podería citarse a comparecentes, emitiría un ditame de conclusións que elevaría despois ao Pleno para a súa aprobación.


XA HOUBO UNHA SUBCOMISIÓN


O PP quere tomar como punto de partida dese estudo o ditame xurdido da subcomisión de estudo e análise do sistema ferroviario español que se creou no Congreso tras o accidente de Angrois, cando o partido de Mariano Rajoy gozaba de maioría absoluta.


Na súa iniciativa os 'populares' mencionan ese "terrible accidente ferroviario" como "unha referencia ineludible en calquera análise e en calquera esforzo de mellora para o sistema ferroviario".


relacionada Luz verde no Congreso para a comisión de investigación sobre Angrois
relacionada O xuíz de Angrois chamará a declarar a máis cargos e técnicos ferroviarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE