Carmen Santos: "Está por ver se concorremos dentro de En Marea ou con En Marea"
A secretaria xeral de Podemos Galicia asegura non arrepentirse a integración a última hora no partido instrumental, coa renuncia ás siglas propias.
"Está por ver se concorremos dentro de En Marea ou con En Marea", deste xeito expresouse este xoves a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, para próximos comicios na Comunidade.
Así se expresou Santos nunha entrevista coa Radio Galega, despois de que o secretario municipal de Podemos en Arzúa, Xosé Manuel Zapata, levase ao xulgado o acordo con En Marea para concorrer ás eleccións galegas.
En concreto, Podemos Galicia celebrou a principios de agosto de 2016 unha consulta ás súas bases na que estas apoiaron acudir aos comicios galegos en coalición co partido instrumental do que previamente decidiran desvincularse e quedar fóra.
Respecto diso, Carmen Santos dixo estar tranquila con esta denuncia, e lamenta que hai "xente que necesita estar na crítica e ter oo seu momento de gloria".
Nesta liña, sinala que Podemos Galicia segue apostando por espazos de unidade para futuros comicios, pero está por decidir se concorrerá dentro ou con En Marea.
Ademais, asegura non arrepentirse de integrarse a última hora no proxecto de En Marea nas últimas eleccións autonómicas, coa renuncia ás siglas de Podemos, xa que hai lazos no grupo parlamentario cada vez "máis fraternos".
Escribe o teu comentario