Talleres en Ourense para aprender a fabricar impresoras 3D e robots
O centro municipal La Molinera acollerá un total de 16 talleres e actividades formativas en setembro.
O centro municipal La Molinera acollerá un total de 16 talleres e actividades formativas ao longo do mes de setembro en Ourense.
A oferta inclúe un curso de iniciación á informática, así como tres talleres do 'Espazo Maker' sobre reciclaxe de compoñentes electrónicos, fabricación de impresoras 3D e robótica elemental.
A oferta tamén inclúe catro talleres para escolares, catro sesións de mozos inspiradores, outros catro relatorios da Escola de Organización Industrial e un encontro de redes sociais, segundo indicou a organización nun comunicado.
Escribe o teu comentario