Máis de 70 graos xa pecharon a súa matrícula nas universidades galegas

Galicia adaptará as probas de acceso á universidade para o alumnado con necesidades especiais a partir do ano que vén.


|

ClasesalumnosestudiantesQuedan 24 menos nesta convocatoria.

O inicio do curso académico aproxímase en Galicia. No caso das universidades galegas, arrincará o próximo 11 de setembro, e de momento pecharon matrícula un total de 72 graos con límite de prazas.


En concreto e para o cuarto prazo de matrícula, que se estenderá entre o 4 e o 6 de setembro, pechan as súas prazas 24 novos graos, 11 na Universidade de Vigo (UVigo), outros 11 na súa homóloga compostelá (USC) e dous na Coruña (UDC).


En Vigo, completan matrícula para este novo prazo Dereito, Educación Infantil, Educación Primaria, Enxeñaría Informática e a simultaneidade de ADE-Enxeñaría Informática (Campus de Ourense); Educación Infantil, Educación Primaria, Fisioterapia, Publicidade e Relacións Públicas (Campus de Pontevedra); e Dereito e Tradución e Interpretación Galego-Francés, no Campus vigués.


Na institución compostelá, pola súa banda, esgotan prazas Administración e Dirección de Empresas, Educación Social, Enxeñaría Química, Farmacia, Física, Matemáticas, Mestre en Educación Primaria, Pedagoxía, Relacións Laborais e Recursos Humanos, e as simultaneidades de Química-Bioloxía e Química-Física. Todas no campus de Santiago.


Finalmente, no campus da Coruña da UDC, pechan matrícula Química e Terapia Ocupacional.


PROBAS DE ACCESO ADAPTADAS


A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) adaptará, tras as recomendacións da valedora do Pobo, as probas de acceso á universidade (ABAU), co obxectivo de garantir así a igualdade do alumnado sen discapacidade pero con necesidades educativas especiais.


Nun comunicado remitido aos medios explicouse que, entre outras melloras, recomendou á CiUG adaptar os tempos de cada unha das probas, a elaboración de modelos especiais de exame, o apoio material e humano durante o desenvolvemento das mesmas e unha maior flexibilidade na avaliación.


Segundo indicou, todas estas recomendacións, que a CiUG terá en conta, tal e como llo mencionou á valedora, foron comunicadas tras as queixas realizadas por familiares de varios alumnos que se examinaron no pasado mes de xuño.


relacionada O primeiro prazo de matrícula enche vinte carreiras en Galicia
relacionada Educación propón ás universidades adiantar a 'selectividade' a xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE