En Turquía dan por pechada a incorporación de Emre Mor ao Celta

Se se confirma a operación, o club vigués pode pagar ata 13 millóns de euros ao Borussia Dortmund.


|

Emremor2Emre Mor chegaría por 13 millóns.

O Celta perfila a incoporación dese futbolista con desborde que pedía Unzué. Segundo adianta a prensa turca e a TVG, Emre Mor, pode ser ese home.


Aínda que tamén se fala de que o Betis está na pelexa polo xogador, o club vigués parece ter un acordo pechado co Borussia Dortmund. A operación, se se confirma, cífrase nuns 13 millóns de euros.


A TVG adianta, ademais, que Emre Mor xa puxo rumbo a Vigo.


É un futbolista rápido, con desborde e que pode xogar polas dúas bandas. Con 20 anos, sería outro efectivo novo e con proxección para o conxunto celeste.


relacionada O Celta cae no Villamarín con outra remontada en contra
relacionada Unzué espera a chegada dun xogador "con chegada e desborde"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE