Triángulo de Amor Bizarro, última cita do 'Atardecer no Gaiás'
A sétima edición do ciclo musical chega á súa fin, tras encher a Cidade da Cultura de música desde xullo.
Triángulo de Amor Bizarro. Foto: Twitter
A banda galega Triángulo de Amor Bizarro pecha este sábado 'Atardecer no Gaiás', ciclo musical que acolle a Cidade da Cultura durante o verán e que vai pola súa sétima edición.
Previamente, o xoves, celebrouse a actuación do ecléctico quinteto xaponés Kikagaku Moyo, coa súa mestura de psicodelia, folk e rock progresivo.
O venres foi a quenda de Nudozurdo, no que os madrileños presentaron a súa proposta de post-rock a través do seu último traballo, 'Rojo es peligro'.
Escribe o teu comentario