O Bosque de Galicia terá 10 hectáreas máis e 4.500 novas árbores

O Executivo autonómico deu luz verde á II Fase do Bosque de Gaiás, que contará cunha superficie total de 34 hectáreas e case 12.000 novas árbores.


|

Bosquedegaliciagaias


A superficie verde creada nas ladeiras do Gaiás, na contorna da Cidade da Cultura e coñecida como Bosque de Galicia, contará con 10 hectáreas máis e 4.500 novas árbores de especies autóctonas despois de que o Consello da Xunta aprobase este xoves a súa aplicación.


En concreto, na súa reunión semanal, o Executivo autonómico deu luz verde á II Fase do Bosque de Gaiás, que contará cunha superficie total de 34 hectáreas e case 12.000 novas árbores.


Deste xeito, o Goberno galego sinalou que o resultado será "unha ampla alfombra verde destinada ao lecer ao aire libre de todos os galegos" e que funcionará como "un pulmón ecolóxico cun impacto positivo sobre o metabolismo ambiental da cidade de Santiago".


A segunda fase prevé dous novos quilómetros de sendas, que se suman aos 3,2 xa construídos. Así, o Bosque contará con cinco quilómetros de sendas cun sistema de iluminación de baixo consumo que permitirá o seu uso en horario de pouca luz natural. Ademais, haberá áreas de descanso e unha terraza con vistas sobre Santiago.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE