15 graos de diferenza entre o norte e o sur de Galicia

Mentres Ourense segue en alerta por calor, a contorna da Coruña e zonas da Mariña pasará por pouco dos 20 graos.


|

Termometro 1Ourense segue en alerta por calor.


Un total de 25 provincias, entre elas Ourense, están este mércores 23 de agosto en alerta por calor.


Con todo, a AEMET sinala que a pesar das altas temperaturas, os termómetros estarán en descenso na metade norte peninsular, sobre todo no norte de Galicia e a cornixa cantábrica, onde os ceos estarán nubrados.


Así, o vento que entrará en Galicia desde o norte deixará unha notable diferenza térmica coa metade sur da comunidade.


Tal e como reflicten as previsións de Meteogalicia, mentres en A Coruña e áreas próximas da costa se agarda unha temperatura máxima de 22 graos, a cidade de Ourense rexitrará ata 36. O resto de localidades quedará, previsiblemente, en valores intermedios, progresivamente máis frescos canto máis ao norte, en xeral.


relacionada O 'horario de verán' axuda a pasar menos calor no traballo
relacionada Alerta laranxa por calor no sur de Lugo, Ourense e Pontevedra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE