Melide celebra o XI Campionato de tirapedras de Galicia
A Asociación galega de xogo popular e tradicional prevé a participación de máis de medio cento de persoas.
Espéranse máis de 50 participantes.
A localidade coruñesa de Melide acolle este domingo o XI Campionato de tirapedras de Galicia central, organizado pola Asociación galega de xogo popular e tradicional, e coa previsión de que participen máis de medio cento de persoas.
A cita arrinca ás 11,30 horas na Praza das Ichoas de Melide, en pleno centro histórico, como foi habitual nas anteriores edicións, coas que a organización pretendeu reivindicar espazos tradicionais de xogo en espazos utilizados para o lecer ao aire libre.
No campionato establécense dúas categorías, por idades. A participación é gratuíta, posto que, como informa a Asociación, "se algo caracteriza o xogo é que xogar é gratis".
Escribe o teu comentario