Promoven a recuperación dos xogos tradicionais mediante unha guía online

Trátase da primeira base de datos en liña que reúne recursos, publicacións e material arredor do patriomonio lúdico tradicional galego


|

Deportesjuegostradicionales


O Consello da Cultura Galega lanza, en colaboración coa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, a primeira base de datos en liña que reúne recursos, publicacións e material achega do patrimonio lúdico tradicional galego.


Co obxectivo de promover a recuperación dos xogos populares galegos, a web xogospopulares.gal recompila documentación, cun servizo de préstamo bibliográfico e documental, pon en contacto a colectivos, centros de ensino, empresas e particulares interesados nesta materia, e mesmo permite coñecer os puntos nos cales facerte con xogos tradicionais.


Segundo explicou no acto de presentación a representante da devandita asociación, Zeltia Labraña, a web inclúe unhas 200 ligazóns e nela pódese atopar desde un apartado de documentación, con información sobre os xogos populares galegos; a unha guía de recursos musicais e unha biblioteca online.


A páxina "xa está operativa e aberta á colaboración de todo aquel que queira estar presente", mencionou Labraña. De acordo a ela, esta base de datos pretende "poñer en común toda a información sobre os xogos populares", ademais de servir como "unha guía de referencia para diferentes consultas sobre este tema". É, por tanto, "unha fonte aberta" que aglutina todo o referente á tradición lúdica galega.


O PROXECTO


O proxecto nace coa idea de "recoller este tipo de manifestación cultural galega", tal e como mencionou no acto a coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, Rebeca Blanco.


Neste sentido, "desde os anos 90, o máis importante é poñer en valor a cultura tradicional e, tras varias consultas que os particulares realizaban ao Consello, chegamos á conclusión de que tiñamos que facer algo", segundo apuntou Labraña.


PUBLICACIÓNS FUTURAS


Coa páxina en funcionamento, a representante da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional comentou que teñen en mans a publicación dun libro que recompilará "estratexias de recuperación, un pouco da historia dos xogos e o punto no que se atopan agora mesmo".


Ademais, tamén se poderán consultar diferentes artigos sobre o tema, tanto de autores de referencia como de colaboradores que manteñen algún vínculo coa tradición lúdica galega.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE