Oliver Laxe vivirá desde dentro a loita contra incendios para preparar unha película

O director e o seu equipo seguirán durante 15 días a brigadas forestais, documentándose e rodando escenas reais.


|

GrabacionincendiooliverlaxeA película titularase 'Aquilo que arde'.


O director galego Oliver Laxe e o seu equipo convivirán durante 15 días con brigadas de loita contra o lume da provincia de Ourense no marco do proceso de investigación e documentación para a súa próxima película, 'Aquilo que arde'.


A súa próxima obra narrará a historia dun pirómano que vive nas montañas dos Ancares, polo cal o cineasta roda estes días imaxes a pé de incendio en 16 milímetros que servirán como material de referencia e que poderían usarse na montaxe final da película. E é que a longametraxe de ficción incluirá unha parte documental con lumes forestais reais.


Para iso, Laxe e o seu equipo traballarán no distrito forestal XII Miño-Arnoia --que comprende demarcacións como Allariz, Ourense e Terras de Celanova--.


Segundo informa a produtora da película, Miramemira, o rodaxe oficial da obra terá lugar nos primeiros meses de 2018 e dividirase en tres fases, xa que Laxe "busca retratar a paisaxe galega nas diferentes estacións e que os estados da natureza se reflictan nas imaxes do filme".


Entre os compoñentes do equipo que traballan en Ourense con Laxe está o director de fotografía Mauro Herce, responsable da fotografía de obras do cinema galego premiadas a nivel internacional como 'Arraianos', de Eloy Enciso, ou 'Mimosas', do propio Oliver Laxe.


PRIMEIRA PELÍCULA RODADA EN GALICIA


Oliver Laxe é o único director español premiado en dúas ocasións no Festival de Cannes, coas súas dúas primeiras películas: 'Todos vós sodes capitáns' e 'Mimosas'. 'Aquilo que arde' supón o terceiro filme do cineasta e o primeiro rodado en Galicia.


A película, iniciativa do Máster en Documental de Creación da Pompeu Fabra, conta co apoio económico da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Televisión de Galicia e Deputación de Lugo a través da Fundación TIC. O achegamento aos incendios fíxose posible coa colaboración da Consellería do Medio Rural e dos responsables do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Ourense, do Distrito XII de Ourense e do Grupo Tragsa.

relacionada Oliver Laxe abre un casting para atopar os protagonistas da súa próxima película

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE