Pontevedra lembra este venres os "sete anos sen Sonia" Iglesias
Familia, amigos e compañeiros de traballo convocan unha marcha no aniversario da súa desaparición.
A familia, os amigos e os compañeiros de traballo de Sonia Iglesias convocaron unha manifestación para este venres 11 en Pontevedra, con motivo do cumprimento dos sete anos da desaparición da moza o 18 de agosto de 2010.
Baixo o lema "Sete anos sen Sonia", a manifestación partirá ás 21,30 horas da Praza da Ferrería de Pontevedra en dirección á Praza da Peregrina, e a continuación percorrerá as rúas de Benito Corbal, Daniel da Sota, Castelao, Sagasta, Joaquín Costa, Blanco Porto e Benito Corbal, para rematar de novo na Praza da Ferrería.
Escribe o teu comentario