O réxime de Maduro volve deter o opositor Leopoldo López
Acúsano a el e a Antonio Ledezma, tamén arrestado, de incumprir as condicións do arresto domiciliario e de planear a súa fuga.
Leopoldo López permanecía en arresto domiciliario.
A Xustiza venezolana revogou o arresto domiciliario aos opositores Leopoldo López e Antonio Ledezma, ao entender que ambos violaron as condicións nas que se lles concedeu esta medida. Ademais, de acordo con "fontes de Intelixencia", estarían a planear unha fuga, segundo informou este martes o Tribunal Supremo de Xustiza nun breve comunicado.
No caso de López, que obtivo 'casa por cárcere' o pasado mes de xullo, esgrimiu que "as condicións impostas non lle permitían realizar ningún tipo de proselitismo político".
O TSJ tamén argumentou "a urxencia do caso", para activar "os procedementos de resgardo correspondentes", ante as sospeitas dun plan de fuga.
Escribe o teu comentario