O metal coruñés volve á folga e convoca unha gran manifestación

Participarán traballadores de distintas zonas da provincia. Se non hai avances, en setembro endurecerán as protestas.


|

MetalsoldadorSétima xornada de folga do metal.


O sector do metal coruñés convocou unha gran manifestación na Coruña este xoves, coincidindo coa que será a sétima xornada de folga polo bloqueo da negociación dun novo convenio colectivo e coa ameaza sobre a mesa de que o paro se converta en indefinido a partir de setembro, de non haber avances.


A marcha está previsto que arranque ás 12,30 horas de Santa Cristina e levará as reivindicacións dos traballadores, centradas en melloras sociais, ata a Praza Luís Seoane.


A ela acudirán profesionais da comarca de Ferrolterra, onde, o pasado xoves, a asemblea na que participaron uns 400 traballadores concluíu co anunciou de que este xoves irán "todos" ata A Coruña para celebrar esta gran mobilización.


Os sindicatos CC.OO., UGT e CIG esixen medidas para combater a "precariedade" como límites ás empresas de traballo temporal (ETT) e ás mutuas, así como a subrogación do emprego. O convenio desta provincia leva sen actualizarse desde 2014.

relacionada Pontevedra adiántase á Coruña no fin do conflito do metal
relacionada Os sindicatos do metal da Coruña unifican as súas esixencias para o convenio

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE