Bruno Gama confía en que esta tempada "as cousas saian"

O portugués destaca as boas sensacións desta tempada, que lle permiten manter a "ambición" consigo mesmo e o equipo.


|

BrunogamaBruno Gama afronta a tempada con "ambición". Foto: RC Deportivo


O Dépor supera xa os 10.000 socios que renovaron os seus abonos para a próxima tempada. Unha campaña que Bruno Gama ve con "ambición de poder ofrecer cousas boas".


O portugués prefire deixar atrás a tempada pasada. "Non podo estar a pensar sempre na etapa anterior. Non foi o ano que me gustaría, pero a vida dun futbolista é así e hai que seguir traballando forte para que as cousas saian", declarou o xogador.


Bruno Gama está a deixar boas sensacións nos encontros desta pretemporada, pero considera que aínda é cedo para valorar o rendemento do equipo. Con todo, cre que "todas as fichaxes que chegaron son reforzos de calidade, bos xogadores. Agora seguro que se van adaptando e afacéndose cada vez máis ao equipo".


Tamén foi preguntado esta mañá por un hipotético regreso de Lucas Pérez. "Estariamos encantados de recibilo, todo o mundo coñece a súa calidade e a súa dimensión", comentou Bruno Gama.


Pola súa banda, Carles Gil volve padecer as mesmas molestias que o ano pasado lle impediron render en condicións. O xogador sofre de novo pubalxia, que cría superada tras o traballo extra realizado durante as vacacións e que o obrigará a someterse nos próximos días a un adestramento específico.

relacionada Pepe Mel: "Preocúpame a fichaxe dun dianteiro"
relacionada O Dépor mete unha marcha máis na pretemporada con amigables de máis nivel

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE