Santiago súmase este venres á retransmisión de ópera en directo
165 municipios españois mostran en directo a nova produción de 'Il trovatore' de Verdi en espazos públicos.
Este venres 165 municipios de toda España, entre eles Santiago de Compostela, retransmitirán en directo a nova produción de 'Il trovatore' de Verdi en espazos públicos e á fresca.
En Santiago de Compostela a cita será na Praza da Quintana ás 22,00 horas no marco da colaboración entre o Liceu, a Obra Social la Caixa e o Concello compostelán.
A Obra Social la Caixa destacou que "por primeira vez se puido expandir o proxecto a todo o Estado", cun incremento do 34,7 por cento da participación de municipios respecto da edición anterior (que contaba con 121 localidades).
O proxecto visita por primeira cidades como Madrid, Sevilla, Bilbao, Granada, Málaga, Las Palmas de Gran Canaria, Pamplona, Valladolid, Palma de Mallorca e Santiago de Compostela.
Escribe o teu comentario