As pensións pareceranse máis ao que dite o Pacto de Toledo que o FMI
O Goberno escoitará as recomendacións dos expertos españois antes de reformar as pensóns en 2018.
O FMI volve receitar recortes en pensións.
A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, afirmou que o Goberno escoitará todas as recomendacións sobre o presente e o futuro das pensións que realice o Pacto de Toledo antes de tomar as decisións pertinentes sobre as mesmas para 2018.
Así o sinalou a titular de Emprego e Seguridade Social tras un almorzo de Fórum Europa co secretario xeral de CC.OO., Unai Sordo, onde tamén destacou que o Executivo de Mariano Rajoy está a traballar para ter "cada día en España o que queren os españois que é máis e mellores pensións e emprego".
Tamén lembrou que neste momento o Pacto de Toledo, que "é o maior pacto social da democracia", está a traballar nesta serie de recomendacións e que tamén hai aberta unha mesa de diálogo social no ámbito tripartito (con empresarios e organizacións sindicais) para falar deste tema.
Preguntada sobre o recoñecemento do Fondo Monetario Internacional (FMI) á recuperación española e sobre a recomendación de conxelar as pensións, Báñez asegurou que a garantía do sistema de pensións é o crecemento económico e a creación de emprego, porque 9 de cada 10 euros que se dedican en España a pensións páganse con emprego.
"Imos na boa dirección, aínda que nos queda camiño que percorrer", lembrou a ministra, tras insistir en que o Goberno vai seguir traballando "intensamente todos os días no diálogo social e no político e parlamentario" para que esta lexislatura se centre nos máis de tres millóns de parados (son 4.255.000 segundo a última EPA) que aínda hai no país.
Escribe o teu comentario