Continúa a calor intensa no tramo sur do Miño e Valdeorras

Mantense o aviso amarelo por temperaturas que poden chegar a superar os 36 graos.


|

CalormangueraEspéranse de novo temperaturas superiores a 36 graos.


As zonas do Miño das provincias de Ourense e Pontevedra, así como a comarca de Valdeorras manteñen este sábado o aviso amarelo por temperaturas de máis de 36 graos centígrados.


Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, persisten as altas presións centradas no Atlántico e a entrada dunha masa de aire cálido procedente do sur peninsular.


Deste xeito, entre as 15,00 e as 21,00 horas deste sábado o aviso será amarelo nas zonas de Valdeorras, Miño de Ourense e Pontevedra.


Ademais, durante toda a xornada o vento no mar manterá o aviso de nivel amarelo na Costa da Morte e na costa coruñesa noroeste por vento do nordés con intervalos de forza 7.

relacionada Valdeorras e a zona do Miño superan hoxe os 36 graos
relacionada Salas de espera a 35 graos no centro de saúde do Porriño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE