Feijóo anuncia 90 millóns para que 10.000 mozos se formen en empresas

Segundo o presidente, a intención do programa é que o 60% deles teñan un contrato ao acabar.


|

FabricaformacionprofesionalA formación, "sinónimo de oportunidade".


O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que en próximas semanas o seu Goberno prevé aprobar un programa dotado de 90 millóns de euros para formar 10.000 mozos menores de 30 anos.


Avanzouno o xefe do Executivo durante o seu discurso na entrega dos certificados de profesionalidade 'REXP2017', no Palacio de Congresos compostelán.


Segundo destacou, esta iniciativa prevé que un 60% das persoas que se formen dentro da empresa teñan un contrato "unha vez finalizada a formación", que terá unha duración dun ano, e que busca xerar "posibilidades" de "seguir traballando" na compañía despois.


Nun escenario no que, ademais, o tecido produtivo demanda "perfís novos", o tamén líder dos populares galegos sinalou que as empresas "teñen que concretar o itinerario" para a formación. Por parte da administración, identificou como unha das súas tarefas "facilitalo".


Ademais, Núñez Feijóo considerou que Galicia está "a empezar a virar" no que a formación se refire, cun aumento das persoas que apostan pola formación profesional. Respecto diso, entende que "o importante" é contar cun título "que abra portas" e que sirva en todo o territorio estatal.


O presidente galego felicitou a todos aqueles que este venres recibiron certificados de profesionalidade 'REXP2017' en ámbitos como a atención sociosanitaria de persoas a domicilio, o socorrismo de espazos acuáticos naturais e a extinción de incendios, entre outros.


E, a continuación, reivindicou os 285 millóns de euros que a Xunta destinou a formación "sumado todo" aquel programa posto en marcha nos últimos anos, con ata 59.000 galegos que conseguiron un título.


Estes datos, dixo, sitúan a Galicia como "primeira comunidade que máis está a apostar pola formación certificada" e autonomía con "máis persoas tituladas" en todo o territorio estatal. Títulos nos que, incidiu, hai que ver "sinónimos de oportunidade".

relacionada Báñez anuncia unha axuda mensual para 'ninis' de 430 euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE