Un surfeiro madrileño morre na praia de Pantín

|

PantinvaldovinhoPraia de Pantín, en Valdoviño.

Un home de 45 anos faleceu afogado na mañá deste sábado na Praia de Pantín, situada no concello coruñés de Valdoviño. Ao parecer, trátase dun madrileño que estaba a practicar surf.


Segundo informaron fontes de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Central de Coordinación recibiu unha alerta sobre o mediodía indicando que había unha persoa posiblemente afogada na Praia de Pantín. Segundo a prensa local, tan pronto como se advertiu do que ocorría, o accidentado foi rescatado e atendido polos socorristas.


Ata a zona desprazouse unha ambulancia asistencial con persoal do Centro de Saúde de Valdoviño, así como unha ambulancia medicalizada. Os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do home, de iniciais M.V.R.


A autopsia revelará se se tratou dun infarto, a hipótese principal sobre a causa do suceso.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress