Dan o alto a un condutor que quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia
Unha patrulla da policía local de Ponteareas interceptouno circulando polo centro urbano sospeitosamente amodo.

A Policía Local de Ponteareas interceptou a pasada madrugada a un condutor que quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia permitida.
Segundo un comunicado emitido polas forzas da orde, unha patrulla observou un vehículo circulando polo centro urbano de Ponteareas circulando a "unha velocidade anormalmente reducida".
Ao achegarse ao coche, os axentes detectaron que o seu condutor se atopaba "baixo a influencia de bebidas alcohólicas" e, ao facer a proba, comprobouse que quintuplicaba a taxa permitida.
Así as cousas, o caso remitiuse ao xulgado de garda, por un suposto delito contra a seguridade viaria. O xuízo rápido celebrarase o vindeiro martes, día 11.
 
     
					 Trasladan ao hospital un condutor que quedou durmido durante un control de alcoholemia
                        Trasladan ao hospital un condutor que quedou durmido durante un control de alcoholemia
                    
Escribe o teu comentario