Ao volante dun camión dumper sen ter carné e quintuplicando a taxa de alcol

O implicado é un veciño de Caión (A Laracha) de 44 anos que está a ser investigado por dous delitos contra a seguridade do tráfico. 


|

Traficocontrol


A Garda Civil da Coruña pillou ao condutor dun camión tipo dumper que quintuplicaba a taxa de alcol e carece de carné de conducir polo que está a ser investigado por dous delitos contra a seguridade do tráfico.


Segundo explicou a Garda Civil nun comunicado, ás 20,20 horas do 22 de xuño foi detectado un condutor dun vehículo especial de obras e servizos tipo dumper. Nas probas de alcoholemia deu un resultado que quintuplicaba a taxa máxima de alcol permitida.


Así, na primeira proba arroxou un resultado de 1,22 mg/l e na segunda de 1,28 mg/l e ademais, comprobouse que carecía de permiso de conducir. Os feitos ocorreron na estrada DP-0514, á altura do punto quilométrico 10,6, termo municipal de A Laracha (A Coruña).


O implicado é un veciño de Caión (A Laracha) identificado coas iniciais J.A.V.L, de 44 anos de idade. As dilixencias serán remitidas ao Xulgado de Instrución número 3 de Carballo.

relacionada Un condutor de Fene dá positivo en drogas cando circulaba cun neno de dous anos diante
relacionada Trasladan ao hospital un condutor que quedou durmido durante un control de alcoholemia
relacionada Interceptan un camioneiro que multiplicaba por 10 a taxa máxima de alcol permitida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE