Cazan a un condutor drogado a 197 km/h en Ourense

A Garda Civil interceptouno nun control na autovía AG-53, onde deu positivo por cocaína.


|

Controlgcautovia


A Garda Civil de Ourense interceptou este luns un condutor que circulaba pola autovía AG-53 a 197 quilómetros por hora e que deu positivo por consumo de concaína.


Dentro do operativo especial con motivo do verán, os axentes estableceron un control de velocidade, alcol e drogas na autovía AG-53 en Ourense.


Ás 21,00 horas deste luns, a Garda Civil interceptou un condutor residente en Cambados que circulaba co seu Audi A4 a unha velocidade de 197 quilómetros por hora, a pesar de que a velocidade estaba limitada a 120 km/h.


Ademais, ao ser sometido ás probas de detección de alcol e drogas, arroxou un resultado positivo por consumo de cocaína.


A Garda Civil ha lembrado que este tipo de condutas "supoñen un grave risco que ten como consecuencias", por unha banda "o aumento da accidentalidade e a gravidade das lesións sufridas" e, por outro, "sancións penais e administrativas ".


Neste caso, o infractor será sancionado cunha multa de 600 Euros e retirada de 6 puntos do seu permiso de condución, pola infracción relativa ao exceso de velocidade, e con 1.000 Euros e retirada de 6 puntos por conducir baixo os efectos do consumo de drogas.

relacionada Falece unha condutora tras sufrir un accidente de tráfico na Estrada
relacionada A DXT fai un 'xaque mate' aos avisos de controis na estrada por WhatsApp

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE