Entregan 14.000 firmas no Parlamento galego contra os recortes nas pensións

A CIG lamenta os "ataques" do PP ás pensións públicas, para fomentar os sistemas privados | Case o 60% dos pensionistas galegos están por baixo do salario mínimo, denuncia o PSdeG.


|

Xubilados.protestaparlamento


Xubilados --convocados pola CIG-- entregaron este mércores no Parlamento galego máis de 14.000 firmas en contra dos recortes nas pensións públicas.


Decenas de pensionistas protestaron este mércores ante o Pazo do Hórreo con carteis nos que se pedía "xustiza e igualdade" para máis de 260.000 emigrantes retornados, á vez que se reclamaba a dimisión do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.


En declaracións aos medios, Xosé Manuel González, do colectivo de xubilados da CIG, explicou que se levou a cabo unha campaña de recollida de firmas "en contra das reformas de pensións do PSOE e o PP", porque con "Zapatero conxeláronse" e agora, co PP no Goberno tan só se soben un 0,25% anual, polo que "se está perdendo poder adquisitivo".


Neste sentido, González chama a atención sobre como esta problemática afecta de forma especial ás mulleres, que "non teñen tanto acceso ao traballo" e que "están a perder moitísimo diñeiro". Tamén avisa de que "se vai a pegar outro recorte ás pensións de viuvez".


A isto súmase "o roubo" do Estado aos emigrantes retornados, así como os "repagos" sanitarios e de medicamentos.


Pola súa banda, o líder da CIG, Paulo Carril, denunciou que as pensións galegas están "entre un 15% e un 20% por baixo da pensión media do Estado". Ademais, lamenta os "ataques permanentes" do PP ao sistema público de pensións, que "busca" fomentar os sistemas privados, así como aumentar a idade da xubilación.


REXEITO DE INICIATIVA


Este mércores, no pleno do Parlamento galego debateuse unha iniciativa do BNG -rexeitada polo PPdeG-- na que se demandaba, entre outras cuestións, a derrogación das últimas reformas laborais, así como recoñecer o dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos.


Respecto diso, Montse Prado denunciou que "case o 60%" dos pensionistas galegos están por baixo do salario mínimo, cunha de cada catro mulleres por baixo do limiar da pobreza, "mentres se meteron aos bancos 60.000 millóns de euros".


Aquí, carga contra o "ataque progresivo e constante" do Estado español ás pensións para favorecer a súa privatización, con medidas como un aumento da idade de xubilación, conxelación de pensións e, posteriormente, desvincular "definitivamente" a súa actualización respecto ao IPC.


A continuación, Noela Blanco (PSOE) alertou de que 880.000 galegos entre 32 e 52 anos "van ver minguadas as súas pensións" e "ninguén a día de hoxe pódelles asegurar que as vaian a percibir".


Paula Quinteiro (En Marea) esixiu acabar co relato "demagóxico" de que non se pode soster o modelo público de pensións, á vez que pide "equilibrar a desigual distribución da renda entre traballo e capital".


En cambio Alberto Pazos Couñago (PPdeG) explicou a negativa do seu grupo nesta proposta, que busca derrogar as leis que permitiron "crear 500.000 empregos ao ano", despois da destrución de máis de tres millóns de traballos.


Tamén espetou o popular que os socialistas provocaron a "única conxelación" en 40 anos da democracia das pensións, e "foi o PP o que garantiu que iso non volvese pasar" ao garantir unha subida do 0,25% anual.

relacionada O Goberno calcula que a contía das pensións reducirase un 4% cada 10 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE