100 metros cadrados de accesibilidade total

A Fundación Once presenta en Santiago unha casa "intelixente, accesible e sustentable" para persoas con discapacidade. 


|

Casainteligente4


A Fundación Once presentou este martes en Santiago unha casa "intelixente, accesible e sustentable" para persoas con discapacidade, un acto que tivo lugar na Alameda e ao que asistiron o presidente do Consello Territorial da Once en Galicia, José Fernández Lamigueiro, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.


Durante a presentación da vivenda, Fernández Lamigueiro eloxiou esta iniciativa por abarcar a "normalización" dunha área "tan complexa e tan motivante como a accesibilidade das persoas", neste caso aplicándoa a "un ámbito moi concreto como é poder gozar con comodidade do teu propio fogar".


Casainteligenteonce1

Casainteligenteonce2

Casainteligente3


A vivenda, de máis de 100 metros cadrados, é unha iniciativa posta en marcha pola fundación no marco dun convenio asinado co Real Padroado sobre Discapacidade e inclúe tecnoloxía e elementos que garanten a súa total accesibilidade. Co obxectivo de que a poboación a coñeza, percorrerá distintas cidades españolas.


Durante o acto, Rey Varela subliñou que este proxecto evidencia que a eliminación das barreiras e o deseño para todos "son dúas realidades posibles" para contribuír na "consecución da plena cidadanía das persoas", á vez que incidiu en que a accesibilidade "non está ligada unicamente ás persoas con discapacidade, senón que debe ser unha garantía, un valor e un compromiso do conxunto da sociedade".


"A accesibilidade é un dereito e a súa carencia considérase unha vulneración da igualdade de oportunidades, polo que compete ás administracións e á sociedade no seu conxunto establecer as condicións necesarias para que toda a cidadanía poida desenvolver a súa vida de maneira plena", aseverou.


Casainteligente5


No ámbito urbanístico, o conselleiro lembrou que a Xunta convocou o ano pasado axudas dirixidas aos concellos para a execución de obras e a adquisición de equipamentos que melloren a accesibilidade. Ao amparo desta liña de achegas realizáronse actuacións por un importe próximo a un millón de euros.


Pola súa banda, a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, incidiu en que "o desafío do século XXI é" facer esta accesibilidade posible para "todas as persoas", tamén "para as que teñen máis limitacións socioeconómicas", dado que "o acceso a estas tecnoloxías segue sendo caro", lembrou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE