Abegondo declara este luns un día de loito oficial pola morte do toureiro Iván Fandiño

A súa nai é natural da parroquia de Figueroa | O concello gardará un minuto de silencio este martes durante o pleno. 


|

Ivanfandio


O Concello de Abegondo (A Coruña) declarará este luns un día de loito oficial polo falecemento do toureiro Iván Fandiño, con familia no municipio, como a súa nai, natural da parroquia de Figueroa.


O alcalde, José Antonio Santiso, transmitiu este domingo as súas condolencias en nome da Corporación á familia do toureiro. Este martes gardarase ademais un minuto de silencio no pleno da Corporación, tal e como indicou o Concello nun comunicado.


O Consistorio manifesta o seu fondo pesar polo falecemento do toureiro, que xerou consternación no municipio entre os amigos e achegados á familia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE