Morren dous mozos de 30 e 23 anos nun accidente de moto en Cuntis

Ata a zona desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 pero os seus efectivos só pudieron certificar as mortes. 


|

Helicopteromedicalizado112


Dous mozos, de 30 e 23 anos, faleceron este sábado nun accidente de tráfico ocorrido no municipio pontevedrés de Cuntis.


Segundo informou a Central de Coordinación do 061, o suceso ocorreu sobre as 11,10 horas deste sábado, cando a moto na que viaxaban os mozos saíuse da vía.


Ata a zona foron desprazados efectivos da Garda Civil, así como unha ambulancia asistencial con persoal sanitario do PAC de Caldas de Reis, e o helicóptero medicalizado do 061, aínda que os seus efectivos só puideron certificar a morte dos dous mozos.

relacionada Falece un septuaxenario nunha colisión frontal en Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE