A Policía de Vigo captura unha serpe venenosa nunha leira de San Miguel Oia
O exemplar de culebra bastarda ou de Montpellier, cuxo veleno non é mortal, quedara atrapada nunha rede.
Axentes da Policía Local de Vigo, pertencentes á Unidade Ambiental de Intervención Rural (UMIR) rescataron un exemplar de culebra bastarda ou de Montpellier, que se quedou atrapada nunha rede, nunha horta dunha leira en San Miguel de Oia.
Segundo informaron fontes policiais, a serpe apareceu nunha leira dun domicilio da estrada de Camposancos e, como se enroscara nunha rede, o animal quedou atrapado.
A dotación da UMIR capturou o réptil e o desenredouno, para liberalo posteriormente no seu hábitat. Trátase dunha cobra venenosa, aínda que o seu veleno non é mortal para as persoas, e que pode chegar aos dous metros de lonxitude, no caso dos exemplares macho.
Escribe o teu comentario